· O goberno destina 10.000 euros a estas axudas, coas que se busca colaborar coas familias á hora de sufragar os gastos derivados dos estudos.
Os veciños e veciñas poderán tramitar desde hoxe, xoves 18 de abril, a solicitude de bolsas educativas municipais do Concello. Con esta medida, o goberno local destinará 10.000 euros dirixidos a alumnos e alumnas de diferentes etapas educativas e que estean matriculados durante o curso 2023/2024.
O obxectivo desta liña é colaborar coas familias do municipio, axudándoas a afrontar os gastos derivados dos estudos de 2º ciclo de educación infantil, educación postobrigatoria -ciclos formativos, bacharelato ou similares-, formación profesional e de estudos universitarios oficiais.
No caso de infantil, destinarase unha contía de 3.600 euros. Cada persoa beneficiaria recibirá unha cantidade mínima de 30 euros e un máximo de ata 70 euros.
Para a formación postobrigatoria e formación profesional básica, a partida será de 3.000 euros. Establécese un mínimo de 40 euros por persoa beneficiaria e un máximo de 150.
Por último, a liña dedicada a estudos universitarios ascenderá a 3.400 euros. Cada usuario poderá recibir un mínimo de 50 euros e un máximo de 200 euros.
As persoas interesadas en recibir máis información deberán contactar co departamento de Educación no teléfono 981 61 35 20.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.